A lactancia materna pode previr o risco de leucemia no bebé.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) aconsella a lactación materna exclusiva durante os primeiros seis meses de vida do bebé. A ciencia revelou que os nenos alimentados con leite materno teñen menor risco de padecer infeccións respiratorias, otite media e síndrome de morte súbita. Mesmo, segundo estudos recentes, a lactación materna tamén protexe da contaminación ambiental e mellora o cociente intelectual. Agora, científicos  revisaron 18 estudos sobre a relación entre lactación e risco de sufrir leucemia infantil. Segundo o estudo, a leucemia é o cancro máis común na infancia e supón o 30% de todos os cancros infantís.

Científicos encontraron que a lactación materna durante os primeiros seis meses da vida do neno ou máis tempo se asocia cun 19% menos de risco de que os nenos sufrisen leucemia, en comparación con alimentar o bebé sen o leite do peito ou a lactación durante un período de tempo máis curto. Así mesmo, nunha análise de 15 estudos por separado os investigadores encontraron que dar o peito aos nenos diminúe un 11% o risco de sufrir leucemia infantil en comparación con nenos que non tomaron peito. Os científicos suxiren que este leite contén moitos compoñentes inmunolóxicos activos e mecanismos antiinflamatorios de defensa que inflúen no desenvolvemento do sistema inmunolóxico do bebé. O estudo recorda que o obxectivo principal da saúde pública é a prevención da mortalidade. Por este motivo indican que se debe ensinar aos profesionais sanitarios os potenciais beneficios da lactación materna e as ferramentas coas que axudar ás nais para continuar dando o peito durante seis ou máis meses. A maioría das nais abandonana pronto, a pesar dos seus múltiples beneficios . O factor que máis inflúe no abandono da lactación é a duración da baixa materna. As nais con baixas de 4 a 6 meses de duración teñen 2,65 veces maior risco de abandonar a lactación materna exclusiva que as nais non traballadoras.

O análise dunha gota de sangue revela a cantidade de virus que afectaron á persoa na súa vida.

A técnica foi posible porque cada virus que penetra no corpo humano deixa unha pegada inmunitaria imborrable xa que, ademais de causar enfermidades, modifica para sempre o sistema inmunitario porque desenvolve anticorpos, que, á súa vez, poden levar a ter outras enfermidades no futuro.

A nova tecnoloxía, que publica a revista Science, denomínase ‘VirScan’ e permite analizar de forma exhaustiva os anticorpos virais presentes no sangue dunha persoa.

O investigador Christian Brander, que colaborou neste estudo, explicou que os resultados informan sobre o sistema inmunitario e poderían utilizarse para mellorar o deseño de vacinas.

Actualmente, é necesario que un médico encargue unha proba para detectar un virus en concreto, pero esta nova tecnoloxía permite identificar todos os virus que afectaron a unha persoa, xa sexa a través dunha infección ou dunha vacina, cunha única análise.

A proba analiza as respostas xeradas polas células do sistema inmunitario encargadas de producir anticorpos contra os virus, as chamadas células B.

“Coñecer a pegada que deixan as infeccións permitiranos saber como este pasado inmunitario determinará a resposta ante novos ataques virais”, explicaron.

“O gran reto para crear novos tratamentos é descubrir que anticorpos nos protexen contra unha enfermidade, e para iso primeiro hai que saber cales temos xa no organismo”, sinalaron.

Para desenvolver VirScan, os científicos crearon unha biblioteca de péptidos -fragmentos curtos de proteínas derivadas de virus- que representaban a 206 virus e máis de 1.000 cepas ou variantes.

Logo, analizaron mostras de sangue de 569 persoas de EUA, Perú, Sudáfrica e Tailandia e dividíronas en grupos en función da idade, a localización xeográfica e de se eran portadoras ou non do VIH.

Os resultados detectaron unha media de 10 virus por persoa. Os máis frecuentes foron aqueles que infectan comunmente os humanos, como os principais responsables da mononucleose infecciosa e o responsable do arrefriado común.

As análises de VirScan revelaron que as persoas residentes fóra de EUA teñen máis exposición ou infección por un virus, probablemente debido a diferenzas en densidade de poboación, prácticas culturais, medidas sanitarias ou susceptibilidade xenética.

En cambio, o virus causante da gripe estacional foi maior en EUA, seguramente polos maiores índices de vacinación contra esta enfermidade no país.

Brander, que recoñeceu que o sistema aínda non está listo para ser introducido na sanidade pública pero é moi útil para a investigación, apuntou a posibilidade de que nun futuro próximo poida incluírse no estudo un grupo de Barcelona, formada por persoas ás que se monitorice cada dous ou tres meses polo seu alto risco de exposición ao VIH.

Consiguen rexuvenecer un cerebro adulto de rata.

Un equipo de investigadores estadounidenses transplantaron certo tipo de neuronas embrionarias que expresan o neurotransmisor GABA (un neurotransmisor inhibidor principal que axuda no control motor e a visión) descubrindo que os ratos empregados no experimento que contaban cun problema de visión que se desenvolve ao principio da vida, chamado ambliopía, lograron tras o transplante, un novo período de plasticidade no cerebro que permitiu un recableado do cerebro adulto e que os ratos visen perfectamente, eliminando o problema de visión.

Así, os cerebros adultos volveron ser novos de novo. Varias semanas despois do transplante, cando o sistema visual do animal atravesaba o seu peor período,” os ratos empezaban a ver ben, explica Melissa Davis, líder do estudo.

Que aplicacións poderá ter este descubrimento? O estudo posibilitaría o camiño para novos tratamentos relacionados co desenvolvemento normal do cerebro como a esquizofrenia e o autismo, trastornos cerebrais actualmente incurables.

Desarrollo de órganos humanos para transplantes en porcos.

O xenotransplante básase no emprego de órganos animais modificados xenéticamente. Esta posibilidade xa se comezou a estudiar nos anos 90, pero un grupo de españos acaban de retomala con melloras, entre elas, introducir celulas nai.

Cinetíficos, combinaron varias técnicas para fabricar órganos humanos a partir de células do propio paciente. Eles introducen nun embrión de animal, neste caso dun porco, para que o páncreas, o fígado ou o tecido que se quere repoñer creza como si pertencera ao propio individuo. De esta forma, o porco utilizase como unha especie de incubadora do órgano humano.

Esta posibilidade aínda non se ve moi clara a día de hoxe, pero descubreuse un tipo de célula nai que posúe a capacidade para convertirse en calquer tipo de tecido humano, como as neuronas, e que se integra nun embrión animal. Este feito ofrece unha posibilidade clara para conseguir a xeneración de órganos de reemplazo en humanos.

Estas células nai recibiron o nome de rsPSC. Pódense obter obter a partir dun cabelo, e basta con aislalas en medios de cultivo edevolvelas a un estado primitivo para convertilas en tecidos.

Os científicos aseguran que no futuro, a partir dunha mostra de pel do candidato a transplante, obter as células rsPSC, e poder modificar o seu xenoma para eliminar unha enfermidade.

Se isto chega a levarse a cabo con éxito, suporá un gran avance para mellorar a vida das persoas que esperan desesperadamente un transplante.

A gripe alcanza o nivel de epidemia en España.

Definimos como epidemia a unha enfermidade extendida nunha área local e que afecta a moitos individuos; e como virus a parásitos celulares que necesitan introducirse nas células para poder reproducirse. Producen enfermidades como neste caso, a gripe.

A gripe afecta ás vías respiratorias, que se acompaña de síntomas xerais como malestar, dor de gorxa, debilidade, dores musculares, dores estomacais, articulares, de cabeza e febre. Nos casos máis graves pode chegar a complicarse cunha pulmonía, que pode chegar a ser mortal especialmente en anciáns e nenos pequenos.

O virus da gripe resiste a un nivel maior en ambientes secos e fríos e conserva a súa capacidade infectiva durante 30 días a temperaturas moi baixas.

A epidema de gripe xa chegou a todos os puntos de España, pois na cuarta semana deste primeiro mes do ano os casos triplicaronse. Ata agora, a gripe estaba considerada a nivel global de intesidade media, pero este último pico clasifícaa de intensidade alta. Os doutores non desatan a posibilidade de que esta situación aumente no vindeiro mes, e cunha agresividade maior.

A gripe comezou cunha maior intensidade no norte da península, en Galicia e na costa cantábrica, aínda que isto non supuxo nada para que se estendese con rapidez polo resto de España.

Contra esta enfermidade os médicos recomendan a vacunación para os grupos de risco, como nenos, anciáns e enfermos crónicos. A vacuna da gripe fabrícase cada ano cas cepas do virus que circulan por todo o planeta, dúas veces por ano, unha no hemisferio norte, e unha no hemisferio sur. Estas cepas son enviadas ás farmacéuticas para que poidan elaborar a vacuna, pero isto non sempre é infalible en todos os individuos, pois o virus pode chegar a cambiar ao longo do ano.

 

Homo Neanderthalensis.

O Homo Neanderthalensis vivíu en Europa, Oriente Próximo, Asia central e occidental durante o Paleolítico medio e superior. Apareceu fai uns 125.000 anos e extingeuse fai un 30.000 anos. Esta especie colonizou todo tipo de ambientes. O seu cerebro tiña unha capacidade de 1750 cm3, maior ca a do ser humano actual.

 

 

 

 

As características principais son:

    • A súa estatura era de 1’55 m.
    • Tiña un corpo baixo e groso. A cara con fronte e queixo aplanado, maxilar forte e cellas prominentes. Tiña unha nariz grande. pelvis estreita.
    • Fabricaba ferramentas de pedra con moita habilidade. Tamén facían as follas de coitelos e puntas de frecha.
    • Coidaban aos seus feridos e soterraban aos seus mortos.
    • Tiñan boas estratexias de caza e cooperación.
    • Probablemente posuían unha linguaxe.
    • Esta especie extingueuse ca chegada do home de Cro-Magnon.
    • Comparte o 95’5% de xenoma con Homo Sapiens.

Aquí podedes ler unha interesante noticia sobre o parentesco dos humanos co Homo Neanderthalensis.

Titán, a lúa de Saturno.

Titán, a lúa máis grande de Saturno, é o único satélite do noso sistema solar cunha atmosfera densa, con ríos e mares superficiais compostos por hidrocarburos líquidos, como son etano e metano.

Comparación de Titán ao lado do planeta Saturno.

Ata agora, críase que neste “mundo”, despois da Terra, só sopraban brisas que alcanzaban como máximo os 70 km/h. En cambio, na atmosfera os ventos poden chegar a superar o 300 km/h.

Nesta imaxe comparanse as dunas dun deserto(abaixo) cas dunas de Titán(arriba).

Un novo estudo coordinado por un experto en Ciencias planetarias da Universidade de Tenessee, mostranos que estas “brisas” son moito máis intensas do sospeitado anteriormente, o que nos da resposta á formación de dunas esparcidas por Titán. Averiguouse que para mover as dunas os ventos teñen que ser un 50% máis fortes do estimado ata agora pola sonda Cassini enviada ao espazo no ano 1997, para estudar todo o relacionado co planeta Saturno.Nesta imaxe comparanse as dunas dun deserto(abaixo) cas dunas de Titán(arriba).

Ademais, os ventos de Titán poden cambiar momentáneamente de dirección e de intensidade, non como se creía antes(ó iban de este a oeste). Este fenómeno ocorre dúas veces durante cada ano de Saturno, que equivale a trinta anos terrestres.

 

O ADN sobrevive no espazo.

Unha serie de probetas con moléculas de ADN no seu interior, pegadas á capa exterior da carga dun cohete, conseguiron sobrevivir ás condicións do espazo, e o máis incríble é que superou sen problemas a reentrada á atmosfera, o cal é un proceso onde a fricción do aire fai que a temperatura aumente de maneira considerable.

Tras o lanzamento, o voo espacial, a reentrada na atmosfera e a aterrizaxe, as moléculas de ADN  seguían intactas, no mesmo lugar no que se colocaran ao principio. Ademais, a maioría das moléculas que sobreviviron aínda eran capaces de transmitir información xenética a bacterias e células de diferentes tecidos.

Con este experimento, demostrouse que o ADN pode sobrevivir as condicións máis duras e extremas e, numeros investigadores incluso creen que o ADN puido chegar dende o espazo exterior á Terra.

Ata que punto pode chegar a limitarnos o cambio climático?

Coñecemos como cambio climático á modificación do clima que ten lugar no paso do tampo a escala global. En xeral, tratase de cambios de orde natural, aos que se lle asocia o impacto humano sobre o planeta.

Unha das consecuencias que pode acarrear o quentamento global (factor do cambio climático) , e que ata agora non se coñecía, é que o aumento desmesurado das temperaturas podería dificultar incluso o despegue dos avións.

O problema deberíase á disminución da densidade do aire, que dificultaría ás ás a capacidade de elevarse. Por isto, os avións necesitarían aínda máis recorrido nas pistas de despegue, ou incluso, diminuír o peso a bordo.

Para este estudo, investigadores basaronse nos datos do aumento da temperatura dende anos atrás, e salientan os Estados Unidos como principal afectado.

A pregunta que debemos facernos a nós mesmos e mesmo á sociedade, é si realmente estamos dispostos a soportar os problemas que nos vai acarrexar o cambio climático. Pode que nós non o notemos, pero o mundo está sufrindo lentamente, por iso, habería que pensar ata que punto ímos chegar con este problema para tomar as medidas necesarias cando xa non sexa demasiado tarde.

Na páxina de Greenpeace podedes ler algo máis sobre as consecuencias do cambio climático.

 

Posible desaparición da materia escura.

Uns cosmólogos italianos e británicos, descubriron algo que podería revelar o final do Universo.

Os investigadores suxiren, que a materia escura podería estar transformándose lentamente en enerxía escura. O proceso que fai posible esta transformación todavía non é moi exacto, pero podería ser a causa pola que as galaxias e outros corpos do Universo estivesen crecendo cada vez máis lentamente dende fai uns 8.000 millóns de anos.

A pesar de que a taxa de conversión de materia escura fría  en enerxía escura é moi pequena e lenta, si se mantén, toda a materia escura desaparecerá en 100.000.000 de anos. De este modo, o noso Universo convertiríase nun lugar frío, vacío e escuro nun prazo moito máis curto do que se pènsaba fai uns anos.

Este estudo abre novas perspectivas para a comprensión da física, e deixanos ante a duda de que podería suceder si este proceso comeza a ir cada vez máis rápido dando lugar a un prazo de vida moito máis curto do estimado.